Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Orientación Laboral

A miña presentación profesional: Marta Rey Gómez

 Moi boas, O meu nome é  Marta Rey Gómez ,   e son dun pequeno concello da provincia de Pontevedra  -Ribadumia -,  pero este é o sexto ano que vivo en Santiago de Compostela.  O meu avatar de Peanuts  😆 No referido á miña formación, estudei o Grao en Pedagoxía e o Máster Universitario en Procesos de Formación , na especialiade de orientación e asesoramento, ambos na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente, estou cursando o Máster de Profesorado , na especialidade de Orientación Educativa , tamén na USC, o cal o complemento co Posgrao de Especialización en Orientación Laboral  #POLAB20 . Así mesmo, realicei diversos cursos como o de Productividade Persoal e o de Competencias dixitais para profesionais . En canto á miña experiencia laboral, esta é máis curta que a das miñas compañeiras e compañeiros. Dende fai anos, coido, atendo e dou apoio educativo a nenas e nenos, labor que me permite complementar cos estudos. Realicei a...

A miña presentación profesional: Yaiza Fernández

Ola! Chámome Yaiza Fernández, e son Educadora Social, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Digo son, porque o de ser educadora sempre foi no meu ADN. Dende pequeniña gustábame ser esa persoa de referencia para todo aquel que me rodeaba. Antes de seguir a presentación gustariame contarvos que descubrín o fácil que é converterse nun debuxo animado grazas á formación na que me atopo inmersa e xogando ca aplicación aparecín como un personaxe máis de Snoopy. A caracterización non é moi real, pero si divertida. Esta son eu... bueno, máis ou menos      Teño que confesar que a fin de estudiar Educación Social era a intervención con aqueles colectivos máis vulnerables, xa que eran os ámbitos máis coñecidos da miña profesión. Pero foi xa, a finais do grao cando a Orientación Laboral me conquistou. Tras o Grao, estudiei o Máster en Procesos de Formación da Universidade de Santiago de Compostela, precisamente para acercarme e especializarme no ámbito da for...