Moi boas, O meu nome é Marta Rey Gómez , e son dun pequeno concello da provincia de Pontevedra -Ribadumia -, pero este é o sexto ano que vivo en Santiago de Compostela. O meu avatar de Peanuts 😆 No referido á miña formación, estudei o Grao en Pedagoxía e o Máster Universitario en Procesos de Formación , na especialiade de orientación e asesoramento, ambos na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente, estou cursando o Máster de Profesorado , na especialidade de Orientación Educativa , tamén na USC, o cal o complemento co Posgrao de Especialización en Orientación Laboral #POLAB20 . Así mesmo, realicei diversos cursos como o de Productividade Persoal e o de Competencias dixitais para profesionais . En canto á miña experiencia laboral, esta é máis curta que a das miñas compañeiras e compañeiros. Dende fai anos, coido, atendo e dou apoio educativo a nenas e nenos, labor que me permite complementar cos estudos. Realicei a...