Ir al contenido principal

A miña presentación profesional: Marta Rey Gómez

 Moi boas,

O meu nome é Marta Rey Gómez, e son dun pequeno concello da provincia de Pontevedra -Ribadumia-, pero este é o sexto ano que vivo en Santiago de Compostela. 

O meu avatar de Peanuts 😆


No referido á miña formación, estudei o Grao en Pedagoxía e o Máster Universitario en Procesos de Formación, na especialiade de orientación e asesoramento, ambos na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente, estou cursando o Máster de Profesorado, na especialidade de Orientación Educativa, tamén na USC, o cal o complemento co Posgrao de Especialización en Orientación Laboral #POLAB20 . Así mesmo, realicei diversos cursos como o de Productividade Persoal e o de Competencias dixitais para profesionais.

En canto á miña experiencia laboral, esta é máis curta que a das miñas compañeiras e compañeiros. Dende fai anos, coido, atendo e dou apoio educativo a nenas e nenos, labor que me permite complementar cos estudos. Realicei as prácticas da carreira en ATEGAL e en forGA, esta última foi a institución onde descubrín o mundo da orientación laboral e onde xurdiu o meu interese. Neste último ano, tiven a oportuidade de exercer como orientadora laboral no Foro de Emprego Talentia Summit 2019, así como de axente de colocación, tramitando o Ingreso Mínimo Vital (IMV).

Dado o meu interese na orientación laboral, labor a que me gustaría dedicar, non dubidei en inscribirme neste posgrao, xa que considero que é un curso que me pode enriquecer persoal e profesionalmente.

A continuación, móstrovos a canción de The Weeknd - Blinding Lights-, a cal me transmite enerxía positiva e boas vibras. Agardo que vos guste!! 🤩



Para finalizar, deíxovos o libro que vou a comezar a ler, La pedagogía contra Frankenstein y otros textos frente al desaliento educativo, de Miguel Ángel Santos Guerra, encomendado pola profesora da materia de Educación, familias, sociedade e política educativa do Máster de profesorado. A ver que tal está!!

Un saúdo!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Reflexión sobre o #PLE de Yaiza Fernández

¿Qué é un PLE? Un PLE (Personal Learning Environment) é un entorno personal de aprendizaje que se define como un conxunto de recursos, ferramentas e persoas coas que aprendemos, intercambiamos e compartimos información e experiencias.                                     Os entornos personais de aprendizaxe, xurdiron no Reino Unido asociados ao movemento da Web 2.0. Segundo Linda Castañeda e Jordi Adell, os PLE nacen como un enfoque da aprendizaxe, para axudarnos a comprender o modo en como aprendemos as persoas utlizando as tecnoloxias que se encontran á nosa disposición. Debemos entendelo como un enfoque pedagóxico cunhas enormes implicación nos procesos de aprendizaxe e cunha base tecnolóxica evidente. ¿Qué hai a día de hoxe no meu PLE? Intento de PLE... No PLE de cada persoa, intégranse as experiencias que dan paso aos aprendizaxes que obtemos nas aulas, no noso día a día e nestes tempos nas...

Yacimiento de empleo: El sector sociosanitario y asistencial de cuidado a personas mayores y dependientes

    Yacimiento de empleo: el sector sociosanitario y asistencial de cuidado a personas mayores y dependientes Según un informe del INE , en el año 2033 el 25% de la población española tendrá más de 65 años, y en el año 2066 este porcentaje subirá al 35%, aumento que va acompañado de una mayor esperanza de vida, se trata por tanto de un colectivo con efecto multiplicador con el paso de los años. Y en el caso de Galicia, cabe recordar que somos una de las comunidades autónomas más envejecidas Si bien es cierto que muchas de las personas en esta franja de edad no necesitarán ayuda externa en sus cuidados, otras muchas serán dependientes o bien buscarán una alternativa a una soledad cada vez más inherente a nuestra sociedad. Estamos por lo tanto ante un sector, el "sociosanitario" y asistencia de cuidado de personas mayores y dependientes , que constituye un nicho de empleo con futuro. Si bien hasta hace relativamente poco tiempo esta profesión se realizaba sin ningún tipo de ...

A miña presentación profesional: Almudena Prego

Ola, son Almudena Prego. Son Diplomada en Graduado Social. Despois de rematar os meus estudos estiven traballando en diferentes sectores e ocupacións: administrativo, comercial...ata que descubrín a orientación laboral. Esta son eu:   Almudena Prego       Traballei como orientadora laboral en diferentes entidades tanto públicas como privadas, Concello de Ferrol   COGAMI   e Emprego Galicia.  Estas experiencias laborais ofrecerónme a oportunidade de traballar con distintos colectivos: persoas con discapacidade, desempregados de longa duración, persoas en exclusión social.. e o que é máis importante, aprender moito delas e con elas. Deixovos unhas das miñas cancións favoritas:       Recomento este blog sobre orientación laboral https://zumodeempleo.com/blog/