INTRODUCCIÓN A sesión “Orientación para a igualdade e inclusión sociolaboral” foi impartida, dentro do #POLAB20 por Margot Valcarce o sábado 03 de outubro de 2020. Nela, Margot incidiu na importancia da orientación profesional🌟 , dentro dos proxectos vitais e profesionais de cada persoa, e especialmente no caso das mulleres, para romper cos roles e estereotipos de xénero , antes e despois da inserción laboral. Explicou a orixe do movemento feminista, e destacou a importancia de non confundir, machismo, feminismo e hembrismo, ademáis de saber distinguir entre xénero e sexo. A CONSTRUCCIÓN DA DESIGUALDADE Desigualdade social Fonte Pixabay Un dos puntos de partida que expuxo a docente é na énfase da construción da desigualdade, xa que se considera como constructo da nosa sociedade onde tradicionalmente asígnanse diferentes papeis e funcións a homes e mulleres, tendo estas últimas un desenvolvemento profesional limitado🎢, sendo a súa participación de poder escasa🔇 e a ...