Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como #Xénero

A orientación laboral como unha ferramenta para a igualdade

A orientación laboral como unha  ferramenta para a igualdade Antes de comezar o propio deste artigo quero agradecer ao Grupo 2 do POLAB20 que me teñan acollido no seu espazo e, de xeito especial, a Yaiza Fernández Abal , educadora social de vocación e profesión. A igualdade entre mulleres e homes é un principio xurídico de aplicación universal recollido na Declaración dos Dereitos Humanos. Supón tamén un principio fundamental na Unión Europea e, como tal, está recollido no Tratado de Amsterdan e no ordenamento xurídico dos Estados Membros. En España, a igualdade recoñécese na Constitución e na Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes . En Galicia, temos de xeito anterior a Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade entre mulleres e homes . Dito isto, resulta concluínte que as leis recoñecen a igualdade plena de dereitos entre mulleres e homes prohibindo calquera forma de discriminación por razón de sexo . Neste contexto, recoñécese a igualdade...