Ir al contenido principal

A orientación laboral como unha ferramenta para a igualdade

A orientación laboral como unha ferramenta para a igualdade

Antes de comezar o propio deste artigo quero agradecer ao Grupo 2 do POLAB20 que me teñan acollido no seu espazo e, de xeito especial, a Yaiza Fernández Abal, educadora social de vocación e profesión.

A igualdade entre mulleres e homes é un principio xurídico de aplicación universal recollido na Declaración dos Dereitos Humanos. Supón tamén un principio fundamental na Unión Europea e, como tal, está recollido no Tratado de Amsterdan e no ordenamento xurídico dos Estados Membros. En España, a igualdade recoñécese na Constitución e na Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes. En Galicia, temos de xeito anterior a Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade entre mulleres e homes.

Dito isto, resulta concluínte que as leis recoñecen a igualdade plena de dereitos entre mulleres e homes prohibindo calquera forma de discriminación por razón de sexo. Neste contexto, recoñécese a igualdade formal, primeiro paso fundamental e necesario pero que sen embargo non é suficiente para alcanzar a igualdade real, aquela baseada na existencia de non discriminación (directa e indirecta) nas prácticas sociais. 

A igualdade efectiva, paso posterior á igualdade real, lograrase coa integración do principio de igualdade no funcionamento das estruturas sociais e económicas. Para o que resulta necesaria a implicación de todos os axentes sociais: administración pública, empresas, sindicados, organizacións sociais, etc. 

Tipos de igualdade. Elaboración propia
Si analizásemos a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, centrándonos unicamente no ámbito laboral, solo a nivel lexislativo poderíamos afirmar que xa se alcanzou a igualdade, pois como vimos existen recoñecementos xurídicos que prohiben o trato diferenciado. Sen embargo, en España continuamos tendo unha brecha salarial entre mulleres e homes do 21,7% e os nosos empregos habitúan ser de peor calidade e baixo recoñecemento.  

Aínda actualmente, o mercado laboral está segregado dende un enfoque de xénero: as mulleres e os homes concéntranse en diferentes sectores, áreas e profesións (feminizadas e masculinizadas), dando lugar a unha segregación horizontal. E a situación xa coñecida de desigual distribución nos niveis xerárquicos, producíndose unha escasa presenza de mulleres nos postos de responsabilidade, xurdindo así a segregación vertical. Ademais, existen as discriminacións laborais máis sutís como tipos de contrato, promoción, xornadas, trato, asignación de tarefas, permisos, etc.

Tipos de discrminación. Elaboración propia. 
Neste contexto, a orientación laboral, xunto coas demais estruturas sociais, desenvolve unha función moi relevante para as mulleres e para o conxunto da sociedade en xeral; xa que non só precisa rachar cos roles e estereotipos de xénero para lograr que cada persoa elixa o seu futuro laboral sen condicionantes nin presións sociais; senón que ademais debe intentar superar as barreiras anteriormente citadas para que cada muller, neste caso, poida chegar a tomar as decisións que verdadeiramente desexa dentro da súa formación e carreira profesional e, alcance así, o emprego que cada unha merece sen importar o xénero.

A orientadora ou o orientador laboral ten que tratar de favorecer a igualdade de oportunidades entre ambos xéneros mediante o acceso de homes e mulleres a aqueles postos de traballo cuxo perfil profesional estivo ligado tradicionalmente ao xénero contrario.

As súas principais funcións no momento de intentar mellorar a empregabilidade das mulleres son:

  • Coñecer a recoñecer os mitos, prexuízos e discriminacións que se producen cara as mulleres no mercado laboral e loitar (persoal e profesionalmente) contra eles.
  • Traballar os aspectos persoais fortalecendo o empoderamento, a motivación e a autoestima, o recoñecemento de intereses propios e a identificación das principais competencias e capacidades de cada unha.
  • Mellorar a cualificación (de quen o precise) proporcionando a información necesaria en cada caso e contexto concreto.
  • Proporcionar ferramentas para a busca autónoma e activa de emprego, e orientar cara o acceso a dispositivos e recursos comunitarios que faciliten o manexo do mercado de traballo.
  • Informar sobre os dereitos laborais
Para finalizar, e seguindo a recomendacións de Margot Valcarce Fernández, deixo un curtiño vídeo sobre diferentes situacións que moitas mulleres nos atopamos no momento de realizar unha entrevista de traballo.


Se che interesa aumentar a esta información recoméndoche os seguintes enlaces:

Comentarios

Entradas populares de este blog

Reflexión sobre o #PLE de Yaiza Fernández

¿Qué é un PLE? Un PLE (Personal Learning Environment) é un entorno personal de aprendizaje que se define como un conxunto de recursos, ferramentas e persoas coas que aprendemos, intercambiamos e compartimos información e experiencias.                                     Os entornos personais de aprendizaxe, xurdiron no Reino Unido asociados ao movemento da Web 2.0. Segundo Linda Castañeda e Jordi Adell, os PLE nacen como un enfoque da aprendizaxe, para axudarnos a comprender o modo en como aprendemos as persoas utlizando as tecnoloxias que se encontran á nosa disposición. Debemos entendelo como un enfoque pedagóxico cunhas enormes implicación nos procesos de aprendizaxe e cunha base tecnolóxica evidente. ¿Qué hai a día de hoxe no meu PLE? Intento de PLE... No PLE de cada persoa, intégranse as experiencias que dan paso aos aprendizaxes que obtemos nas aulas, no noso día a día e nestes tempos nas...

Yacimiento de empleo: El sector sociosanitario y asistencial de cuidado a personas mayores y dependientes

    Yacimiento de empleo: el sector sociosanitario y asistencial de cuidado a personas mayores y dependientes Según un informe del INE , en el año 2033 el 25% de la población española tendrá más de 65 años, y en el año 2066 este porcentaje subirá al 35%, aumento que va acompañado de una mayor esperanza de vida, se trata por tanto de un colectivo con efecto multiplicador con el paso de los años. Y en el caso de Galicia, cabe recordar que somos una de las comunidades autónomas más envejecidas Si bien es cierto que muchas de las personas en esta franja de edad no necesitarán ayuda externa en sus cuidados, otras muchas serán dependientes o bien buscarán una alternativa a una soledad cada vez más inherente a nuestra sociedad. Estamos por lo tanto ante un sector, el "sociosanitario" y asistencia de cuidado de personas mayores y dependientes , que constituye un nicho de empleo con futuro. Si bien hasta hace relativamente poco tiempo esta profesión se realizaba sin ningún tipo de ...

A miña presentación profesional: Almudena Prego

Ola, son Almudena Prego. Son Diplomada en Graduado Social. Despois de rematar os meus estudos estiven traballando en diferentes sectores e ocupacións: administrativo, comercial...ata que descubrín a orientación laboral. Esta son eu:   Almudena Prego       Traballei como orientadora laboral en diferentes entidades tanto públicas como privadas, Concello de Ferrol   COGAMI   e Emprego Galicia.  Estas experiencias laborais ofrecerónme a oportunidade de traballar con distintos colectivos: persoas con discapacidade, desempregados de longa duración, persoas en exclusión social.. e o que é máis importante, aprender moito delas e con elas. Deixovos unhas das miñas cancións favoritas:       Recomento este blog sobre orientación laboral https://zumodeempleo.com/blog/