Acreditación de competencias pola vía da experiencia profesional Cando unha persoa chega a un servizo de Orientación Laboral, é necesario indagar na formación e experiencia que ten. Pode darse o caso que a persoa teña experiencia laboral, ou mesmo teña formación non formal, pero que non posúa ningunha formación oficial relacionada. Neste caso pode ser interesante valorar a posibilidade de que a persoa inicie o proceso de acreditación laboral pola vía da experiencia profesional. Este procedemento avalía se a persoa dispón das competencias profesionais aínda que non teña unha formación formal. Como orientadoras laborais, é necesario ter coñecemento deste procedemento para poder orientar á persoa usuaria e darlle a información que precise. O proceso de acreditación por experiencia profesional é longo e pasa por varias fases ben diferenciadas. Corresponde á persoa orientadora ofrecer información clara e adaptada á persoa usuaria, para que saiba como vai a ser o camiño e poda tomar a decisi...