¿Qué é un PLE?
Un PLE (Personal Learning Environment) é un entorno personal de aprendizaje que se define como un conxunto de recursos, ferramentas e persoas coas que aprendemos, intercambiamos e compartimos información e experiencias.
Os entornos personais de aprendizaxe, xurdiron no Reino Unido asociados ao movemento da Web 2.0. Segundo Linda Castañeda e Jordi Adell, os PLE nacen como un enfoque da aprendizaxe, para axudarnos a comprender o modo en como aprendemos as persoas utlizando as tecnoloxias que se encontran á nosa disposición. Debemos entendelo como un enfoque pedagóxico cunhas enormes implicación nos procesos de aprendizaxe e cunha base tecnolóxica evidente.
¿Qué hai a día de hoxe no meu PLE?
![]() |
| Intento de PLE... |
- Ler 📚: ¿Cales son as miñas fontes de información?
- Reflexionar 💭: ¿Que uso para facer miña esta información?
- Compartir 💫: ¿Onde comparto estas reflexións?
No meu caso este post, ten como obxectivo a parte de explicar o funcionamento do PLE, presentarvos a ferramenta Feedly para organizar o noso entorno de aprendizaxe e acceder ás actualizacións das nosas fontes de información, sen necesidade de entrar en cada unha delas.
¿Que é e como funciona Feedly?
Feedly é un lector de RSS que permite organizar e acceder rapidamente dende un navegador web ou das súas aplicacións para teléfonos intelixentes a todas as noticias e actualización de blogs e demáis páxinas que o sistema soporta.
![]() |
| Páxina de inicio de Feedly. |
O feed organízase en categorías, que podemos crear en base aos nosos intereses e agregar a cada unha os enlaces ás páxinas que temos como referencia no noso aprendizaxe.
O seguinte paso é repasar as actualizacións diarias, e clasificalas en artigos lidos, que non nos interesan ou aqueles que queremos deixar para ler máis tarde.
![]() |
| Feedly cas actualizacións diarias. |
En definitiva, paréceme unha boa ferramenta para organizar o noso PLE, e acceder dunha forma máis rápida ás nosas páxinas de interese. O problema, é que está supeditada a que as páxinas teñan un lector RSS o que te limita nalgúns aspectos, xa que moitas das páxinas non está adaptadas.








Comentarios
Publicar un comentario