Orientación para a Igualdade e Inclusión Sociolaboral
INTRODUCCIÓN
A sesión “Orientación para a igualdade e inclusión sociolaboral” foi impartida, dentro do #POLAB20 por Margot Valcarce o sábado 03 de outubro de 2020. Nela, Margot incidiu na importancia da orientación profesional🌟, dentro dos proxectos vitais e profesionais de cada persoa, e especialmente no caso das mulleres, para romper cos roles e estereotipos de xénero, antes e despois da inserción laboral. Explicou a orixe do movemento feminista, e destacou a importancia de non confundir, machismo, feminismo e hembrismo, ademáis de saber distinguir entre xénero e sexo.
A CONSTRUCCIÓN DA DESIGUALDADE
Desigualdade social Fonte Pixabay
Un dos puntos de partida que expuxo a docente é na énfase da construción da desigualdade, xa que se considera como constructo da nosa sociedade onde tradicionalmente asígnanse diferentes papeis e funcións a homes e mulleres, tendo estas últimas un desenvolvemento profesional limitado🎢, sendo a súa participación de poder escasa🔇 e a súa achega de decisións bloqueada🔒. Esta discriminación laboral sigue vixente hoxe en día.
Por todo isto, é necesario o enfoque ou perspectiva de xénero na orientación laboral, entre outras, tendo presente esta realidade nas nosas intervencións e axudar a proporcionar mecanismos que favorezan a igualdade de oportunidades. Neste sentido, a clave está en: recoñecer as relacións de poder, que estas relacións son constituídas social e historicamente e que á súa vez, discriminan doblemente por factores sociais como, por exemplo, a clase, a etnia, a idade, a preferencia sexual e a relixión.
A REALIDADE DAS MULLERES
Como consecuencia da realidade sesgada do rol das mulleres na sociedade, todavía con concepcións herdadas do androcentrismo e do patriarcado, faise evidente a fenda de xénero no mundo do emprego. Algunhas das consecuencias son:
Emprego a tempo parcial: a porcentaxe de mulleres que traballan a tempo parcial é maior ca dos homes.
Peores empregos: as mulleres están máis presentes en sectores e empregos peor remunerados. Os estereotipos de xénero nas empresas e organizacións asocian os cargos de responsabilidade aos homes (teito de cristal).
Empregos menos valorados: as mulleres que realizan traballos por conta allea que están asociados aos traballos de coidados. A sociedade patriarcal percibe estes traballos como antítesis do diñero, razón pola que son menos remunerados.
Ignorancia: os empregadores, públicos e privados, non analizan en detalle as remuneracións que dan os seus traballadores e traballadoras.
A CONCEPCIÓN DA ORIENTACIÓN
A orientación é un proceso que implica o coñecemento da persoa, o contexto, o mundolaboral e social. Deste xeito, axúdase e asesórase a unha persoa ao longo da vida, dotándoa de ferramentas para que coñeza as súas competencias -coñecementos, habilidades, actitudes, etc.- para a súa propia autorrealización e a súa posterior toma de decisións, favorecendo así o seu desenvolvemento persoal, social e profesional.
Suárez (2016) afirma que a empregabilidade é o conxunto de variables que explican a situación de emprego e de desemprego dunha persoa, destacando que ao dicir emprego inclúese tamén o autoemprego. Pero dende unha perspectiva individual, a empregabilidade fai referencia ao conxunto de competencias que unha persoa posúe, que lle permiten acceder a un emprego e mantelo, satisfacendo as súas necesidades profesionais, económicas, de promoción e de desenvolvemento.
En canto á dispoñibilidade, esta é o conxunto de condicións persoais que contribúen á incorporación ao traballo, de acordo cos requirimentos deste, como por exemplo, a mobilidade xeográfica e funcional, xornada laboral, salario, etc.
As diferenciasdexénero na elección de estudos e profesión, na aceptación do traballo e na promoción profesional, refórzanse, neutralízanse ou modifícanse coas actuacións das persoas que asumen a orientación e o asesoramento de homes e mulleres.
CONCEPCIÓNS SOCIAIS
Existen múltiples mitos, prexuízos e trazos no emprego das mulleres como que producen menos, supoñen maiores custes para os empresarios/as, enferman con maior frecuencia porque teñen menos fortaleza, etc. Desta maneira, asígnanse as tarefas segundo o sexo e outórgaselle un maior valor ao traballo realizado polos homes que ao das mulleres.
Os cinco indicadores representativos da discriminación de xénero son:
Reparto do traballo e responsabilidades
Taxas de paro - Segregación do mercado de traballo
Brecha de xénero
Diferencias salariais
Representación política
Existen dous tipos de discriminación por razón de xénero, directo ou indirecto, e vertical ou horizontal.
CONCLUSIÓN
A labor orientadora trata de favorecer a igualdade de oportunidades entre sexos mediante acceso de homes e mulleres a aqueles postos de traballo cuxo perfil profesional veu ligado tradicionalmente a un dos dous sexos (Rodríguez Moreno, 1992).
Por este motivo, e tal e como se dixo na sesión é importante que nas nosasintervencións, a perspectiva de xénero se convirta nun instrumento específico de análise da propia acción e que todo o proceso se fundamente nas teorías de xénero.
Para evitar a segregación e contribuír a mellorar a empregabilidade das mulleres que sofren este tipo de discriminación, e por tanto, se atopan en situación de vulnerabilidade, son tres os aspectos clave que debemos tratar:
Impulsar o empoderamento Fonte Pixabay
Impulsar os aspectos persoais
Mellorar a cualificación
Axudar a recoñecer os seus dereitos laborais
Para isto, o/a orientador/a debe crear unha cadea de accións que viaxan na mesma dirección cara un obxectivo compartido e consensuado, previamente fundamentado no compromiso crítico:
Facer o diagnóstico da empregabilidade
Proxectar o Itinerario Personalizado de Inserción
Realizar o acompañamento titorizado
Preparar ao/á demantande para o cumprimento dos compromisos e a autoavaliación dos logros
Margot, con esta sesión levounos á reflexión, xa que son moitas as claves que nos dirixen a que continua existindo moito camiño que recorrer. É por iso que un dos ámbitos fundamentais para empoderar as mulleres e cambiar a nosa realidade é a orientación laboral.
✅Non nos debemos esquecer de que sempre debemos partir da persoa, nun clima de confianza, cunha conversa horizontal e chegando a coñecela amplamente.
PARA SABER MÁIS 👇
División sexual do traballo: As tarefas que a sociedade asigna ás persoas
¿Qué é un PLE? Un PLE (Personal Learning Environment) é un entorno personal de aprendizaje que se define como un conxunto de recursos, ferramentas e persoas coas que aprendemos, intercambiamos e compartimos información e experiencias. Os entornos personais de aprendizaxe, xurdiron no Reino Unido asociados ao movemento da Web 2.0. Segundo Linda Castañeda e Jordi Adell, os PLE nacen como un enfoque da aprendizaxe, para axudarnos a comprender o modo en como aprendemos as persoas utlizando as tecnoloxias que se encontran á nosa disposición. Debemos entendelo como un enfoque pedagóxico cunhas enormes implicación nos procesos de aprendizaxe e cunha base tecnolóxica evidente. ¿Qué hai a día de hoxe no meu PLE? Intento de PLE... No PLE de cada persoa, intégranse as experiencias que dan paso aos aprendizaxes que obtemos nas aulas, no noso día a día e nestes tempos nas...
Yacimiento de empleo: el sector sociosanitario y asistencial de cuidado a personas mayores y dependientes Según un informe del INE , en el año 2033 el 25% de la población española tendrá más de 65 años, y en el año 2066 este porcentaje subirá al 35%, aumento que va acompañado de una mayor esperanza de vida, se trata por tanto de un colectivo con efecto multiplicador con el paso de los años. Y en el caso de Galicia, cabe recordar que somos una de las comunidades autónomas más envejecidas Si bien es cierto que muchas de las personas en esta franja de edad no necesitarán ayuda externa en sus cuidados, otras muchas serán dependientes o bien buscarán una alternativa a una soledad cada vez más inherente a nuestra sociedad. Estamos por lo tanto ante un sector, el "sociosanitario" y asistencia de cuidado de personas mayores y dependientes , que constituye un nicho de empleo con futuro. Si bien hasta hace relativamente poco tiempo esta profesión se realizaba sin ningún tipo de ...
Ola, son Almudena Prego. Son Diplomada en Graduado Social. Despois de rematar os meus estudos estiven traballando en diferentes sectores e ocupacións: administrativo, comercial...ata que descubrín a orientación laboral. Esta son eu: Almudena Prego Traballei como orientadora laboral en diferentes entidades tanto públicas como privadas, Concello de Ferrol COGAMI e Emprego Galicia. Estas experiencias laborais ofrecerónme a oportunidade de traballar con distintos colectivos: persoas con discapacidade, desempregados de longa duración, persoas en exclusión social.. e o que é máis importante, aprender moito delas e con elas. Deixovos unhas das miñas cancións favoritas: Recomento este blog sobre orientación laboral https://zumodeempleo.com/blog/
Comentarios
Publicar un comentario