Ola! Chámome Yaiza Fernández, e son Educadora Social, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Digo son, porque o de ser educadora sempre foi no meu ADN. Dende pequeniña gustábame ser esa persoa de referencia para todo aquel que me rodeaba.
Antes de seguir a presentación gustariame contarvos que descubrín o fácil que é converterse nun debuxo animado grazas á formación na que me atopo inmersa e xogando ca aplicación aparecín como un personaxe máis de Snoopy. A caracterización non é moi real, pero si divertida.
![]() |
Esta son eu... bueno, máis ou menos Teño que confesar que a fin de estudiar Educación Social era a intervención con aqueles colectivos máis vulnerables, xa que eran os ámbitos máis coñecidos da miña profesión. Pero foi xa, a finais do grao cando a Orientación Laboral me conquistou. Tras o Grao, estudiei o Máster en Procesos de Formación da Universidade de Santiago de Compostela, precisamente para acercarme e especializarme no ámbito da formación e tamén da orientación e poder completar e desenvolver competencias nestas disciplinas. Actualmente traballo como educadora familiar nun pequeno municipio rural da provincia de Pontevedra, pero tamén teño experiencia con diversidade funcional e terceira idade. O motivo desta presentación, ven dada polo Posgrao de Especialidade en Orientación Laboral (#POLAB20) que me atopo realizando, co obxectivo de acadar a maior especialización neste campo e poder adicarme a el ao longo da miña vida profesional. Para concluír deixovos por aquí unha das miñas cancións de referencia, xa que o Show sempre ten que continuar, pase o que pase. Sen máis, deixovos e recoméndovos que se sigades este blogge, vai dar que falar :) Ata outra! |

Comentarios
Publicar un comentario