- Ferramentas e estratexias de lectura: as fontes de información ás que accedo que me ofrecen dita información en forma de obxecto ou artefacto -mediatecas-.
- Ferramentas e estratexias de reflexión: as contornas ou servizos nos que podo transformar a información -sitios onde escribo, comento, analizo, recreo, publico-.
- Ferramentas e estratexias de relación: contornas onde me relaciono con outras persoas de/coas que aprendo.
![]() |
| O meu PLE |
- De acceso á información
- De creación e edición de información
- De relación con outras
Na imaxe pódense observar estes tres grupos de ferramentas que emprego no meu día a día, como Twitter, Facebook, LinkedIN, WhatsApp, etc.
![]() |
| Curación de contidos |
Pero dada a gran cantidade de fontes de información que existen, a curación de contidos pode ser vista como unha maneira de aliviar a intoxicación informativa que sufrimos nos nosos días. Esta é un proceso de busca, organización e xestión dos contidos da web sometido a criterios de veracidade, utilidade, relevancia e importancia. A curación de contidos sérvenos para organizar a información necesitada sobre calquera área ou proxecto, a través da selección de diversas fontes, constituíndo así un banco de recursos.
Algunhas das ferramentas para realizar curación de contidos son Feedly, Scoop.it e Diigo entre outras. Dado que durante a miña traxectoria académica empreguei Scoop.it, nesta ocasión decántome por Feedly.
Feedly é unha ferramenta que nos permite ler o feed de distintas páxinas web que axuntamos e agregamos manualmente. Dita ferramenta ou aplicación -conta con versión web e aplicación para móbiles- é sumamente útil se non queremos entrar nas páxinas que máis nos interesan unha a unha para comprobar se hai ou non novas aplicacións.
![]() |
| Captura de pantalla da miña conta de Feedly |
Dende o meu punto de vista, o PLE é un recurso importante e innovador na aprendizaxe, xa que se empregan ferramentas dispoñibles na web para aprender, adquirir competencias e interactuar realizando aportes con comunidades que perseguen o mesmo propósito. Así mesmo, Feedly permítenos xestionar a información e non caer na saturación, iso si, tendo unha boa organización da información seranos máis sinxelo fabricar coñecemento.
Para saber máis 👇



Comentarios
Publicar un comentario