INTRODUCIÓN
A sesión de “Desenvolvemento de competencs comunicativas” foi impartida, dentro do #POLAB20 por Jose María Rolón Varela o sábado 17 de outubro de 2020. Jose María incidiu na importancia de desenvolver as nosas capacidades comunicativas como orientadores laborais, así como axudarllle as nosas persoas orientadas a desenvolvelas tamén. Esta sesión comezou coa explicación do concepto de comunicación, seguindo polo seu proceso, a importancia de diferentes competencias, como a escoita activa, e tamén as chaves para que o proceso de comunicación sexa todo un éxito. Sen olvidarnos, da xa coñecida relevancia da comunicación non verbal.
DEFINICIÓN DE COMUNICACIÓN, PROCESO E BARREIRAS
Podemos definir a comunicación como o proceso de intercambio de señais (ideas, pensamentos, sentimentos, datos,…) entre dúas ou máis persoas (emisor e receptor) nun momento e espazo determinados, a través dun conxunto de signos ou símbolos convencionais, por ambos coñecidos, co fin de intercambiar ou compartir ideas, información ou significados.
No proceso de comunicación son moitos os elementos que o compoñen, a continuación preséntase o proceso de comunicación:
- Emisor: A persoa (ou persoas) que emite unha mensaxe. É fonte de comunicación da cal parte a mensaxe. Encargado da codificación.
- Receptor: A persoa (ou persoas) que recibe a mensaxe. Encargado da descodificación.
- Mensaxe: Contido da información que o emisor envía ao receptor.
- Canal: Medio ou vía polo que o emisor transmite a mensaxe ao receptor.
- Código: Signos e regras empregadas para enviar á mensaxe.
- Contexto: Situación na que se produce a comunicación.
- Persoais: Son as interferencias que parte das características do individuo, da súa percepción, das súas emocións, dos seu valores, da súas deficiencias sensoriais e dos seus malos hábitos de escoita ou de observación.
- Físicas: Son as interferencias que ocorren no ambiente físico onde se desenvolve a comunicación (ruido, distancia física, paredes...)
- Semánticas: aquelas que teñen que ver co significado que se lle atribúe ás palabras.
A ESCOITA ACTIVA
| Algúns elementos da escoita activa. Elaboración propia |
Cómpre resaltar a Xanela de Johari, como unha ferramenta efectiva que permite revisar o proceso de interacción humana explorando como flúe a comunicación entre os protagonistas e así mellorar a comunicación.
| A xanela de Johari Elaboración propia |
PASOS PARA FIXAR UN BO PROCESO DE COMUNICACIÓN
Planificar, previamente intentar responder ás seguintes cuestións:
Que quero conseguir realmente? Definir o propósito da comunicación.
A quen me dirixo? Coñecer o perfil do interlocutor/a.
Que vou dicir? Construción da mensaxe.
Como o vou dicir? Determinar a canle.
Que recursos preciso? Deseñar os instrumentos máis axeitados.
Que imprevistos poden xurdir? Prepararse para os imprevistos.
Facer, ter en conta a apertura, o desenvolvemento e o peche do que queremos transmitir para conseguir o éxito da comunicación.
Controlar, medir en que grao estamos a cumprir o planificado.
Corrixir, analizar posteriormente os resultados do proceso coa intención de corrixir os aspectos que facilitaron e/ou dificultado a eficacia do proceso de comunicación. Podemos expolo do seguinte xeito:
Cal foi o resultado?
De que dependeu?
Como podo mellorar?
A COMUNICACIÓN E O PENSAMENTO SOCIAL
Entendemos por pensamento social a capacidade de pensar sobre a mente e estados mentais dun mesmo e dos demais, o que nos permite interpretar adecuadamente os signos sociais e responder a isto de maneira correcta. Esta actividade é posible grazas a una serie de pocesos cognitivos.
Percepción social
Trata de investigar como os individuos forman impresions e fan inferencias sobre outras persoas. Cando coñecemos a unha persoa, recollemos toda a información que temos dispoñible para posteriormente crearnos unha impresión. Dentro da percepción social podemos encontrar dous procesos diferentes:
- Categorización: tratase da información recollida atendendo á categoría social da persoa.
- Individualiuzación: referida á información que obtemos de cada persoa de xeito individual.
Atribución causal
Teoría psicolóxica que trata de explicar como interpretamos o comportamento das persoas e os acontecementos da vida. A atribución conta con varias dimensións:- Locus de causalidade (externo vs. interno)
- Estabilidade vs. inestabilidade (trazos de personalidade vs. azar)
- Controlabilidade (esforzo vs. aptitude)
Fonte: CIXUG
A hora de realizar o proceso de atribución poden cometerse erros, os cales se denominan trazos. Nalgúns casos un erróneo sistema de atribución pode producir consecuencias negativas na nosa vida diaria en diferentes aspectos como o traballo ou as relación persoais. Incluso poden facilitar a aparición de trastornos mentais como a depresión.
Actitudes
Conxunto de creencias e valores dunha persoa relativamente estables ao longo do tempo que nos predispoñen a comportarnos dunha determinada maneira. Podémolas definir segundo a súa dirección (positiva, neutra ou negativa) ou pola súa intensidade (alta ou baixa). Todas contan cun componente cognitivo, conductual e afectivo e orixínanse en función de varios factores biolóxicos, conductuais e sociais.
Chamamos persuasión á capacidade de facer que unha persoa cambie a súas aptitudes a través dunha mensaxe. Trátase dunha forte ferramenta utilizada en múltiples contextos como o marketing e a política.
A COMUNICACIÓN NON VERBAL
- Contacto visual
- Xestos faciais (expresión da cara)
- Movementos de brazos e mans
- Postura e distancia corporal
Según Mark Knapp defínese a comunicación non verbal como “aquela clase de eventos comunicativos que trascenden á palabra falada e escrita”.
A pesar da importancia que lle adoitamos atribuír á comunicación verbal, entre un 65% e un 80% do total da nosa comunicación cos demais realizámola a través de canles non verbais. Para comunicarse eficazmente, as mensaxes verbais e non verbais deben coincidir entre si. Moitas dificultades na comunicación prodúcense cando as nosas palabras se contradín coa nosa conduta non verbal.
Como transmisión de información, un emisor codifica unha mensaxe, é dicir, pon as súas ideas nun código e outro o descodifica.
Na comunicación, ademais dunha linguaxe verbal intervén a linguaxe dos xestos, os tons da voz, a mirada, etc. Como produción de significación, o receptor da mensaxe ten en conta todos estes elementos ao mesmo tempo e vai construíndo unha significación da mensaxe que recibe. Os receptores realizan unha interpretación do que os elementos da mensaxe significan.
Rasgos característicos
- Canal non verbal sempre activo
- Simultaneidade no envío e recepción de sinais non verbais
- Envío e recepción de mensaxes sen control deliberado
- Cognitivamente eficiente
- Aplícase específicamente nos contactos cara a cara cos demais
A Natureza da CNV
| Impacto nunha conversa |
- Un mesmo comportamento non verbal pode ter varios significados
- Cambios mínimos nos sinais non verbais poden facer que o significado cambie drasticamente
- Os signos non verbais poden evolucionar cara novos significados.
En clave de humor 😁
Para saber máis 👇
Diccionario de Gestos Españoles
La gran guía del lenguaje no verbal

Comentarios
Publicar un comentario