![]() |
| Fonte: elaboración propia |
Os programas integrados, dentro das políticas activas de emprego son calificados como programas experimentais que teñen principalmente dous obxetivos : mellora de ocupabilidade e inserción laboral.
Teñen unha duración de 12 meses, e participan 100 persoas desempregadas, inscritas na oficina de emprego . Establecéndose como obriga acadar a inserción de alomenos o 35% dos participantes nos mesmos.
Poderán ser executados tanto por Concellos como por entidades sen ánimo de lucro. E asemade compre suliñar que poden dirixirse a desempregados en xeral ou a determinados colectivos como por exemplo os destinados exclusivamente a mulleres.
Para conseguir esta inserción desenvolveranse de forma imperativa varias accións:
- Informacion, orientación e asesoramento.
- Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
- Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a búsqueda de emprego tanto por conta propia como allea.
- Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
- Fomento da capacidade emprendedora.
- Prospección laboral.
- Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes
- Formación para o emprego (distinta á transveral). A formación estará dirixida á obtención de, alomenos, un certificado de profesionalidade (esta é unha das novedades incorporada na última convocatoria 2020-2021).
- Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.
- Obradoiros sobre mobilidade laboral
O papel do "orientador" ten un peso importante neste tipo de proxectos, recaendo nesta figura as facetas de selección dos usuarios participantes no programa en colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e de posta en marcha das accóns anteriormente reflectidas, debendo ter con cada usuario varias sesións de orientación individual ao longo do programa, informando, asesorando e orientándeos dende o punto de vista laboral.
Na páxina de Dirección Xeral de Orientación e promoción laboral, atoparemos información máis detallada sobre este tema, e no DOGA poderemos ver a orde que regula os programas integrados da convocatoria 2020-2021.
![]() |
| Fonte: elaboración propia |


Comentarios
Publicar un comentario