Ir al contenido principal

Descrición do perfil profesional

            DESCRICIÓN DO PERFIL PROFESIONAL 

É necesario contar cun perfil profesional na búsqueda de emprego?

Débese ter en conta que unha boa descrición do propio perfil profesional é de moita utilidade na Orientación Laboral.

Para realizar unha boa descrición profesional, a persoa usuaria, debe coñecer cales son os elementos fortes en relación co traballo, de tal maneira que poida encarar un plan de mellora competencial. Levar a cabo procesos de orientación competenciais permítelle ás persoas ir máis alá das habilidades obtidas exclusivamente mediante a formación e a experiencia profesional, poñendo en valor outras habilidades adquiridas ao longo da vida.


Para as orientadoras laborais, que as persoas usuarias conten cun perfil profesional é moi útil, posto que no momento en que unha entidade busque unha persoa traballadora, as profesionais poderanlle dicir directamente a información coa que se conta e adaptala á demanda da entidade.


Fonte: Elaboración Propia

Ademais, actualmente moitas empresas soen elexir a vía sinxela á hora de contratar persoal, polo que é aí cando os dispositivos de inserción, neste case un contar cun bo perfil profesional, pode convertirse no aliado, tanto da persoa que está a buscar traballo, coma das orientadoras/es laborais. Isto é debido a que se se estudia previamente cales son as necesidades de persoal das entidades e e se conta cun perfil parecido ao que buscan, con coñecemento en X e competencias en Y, será moito máis eficaz e eficiente mostrarlle perfiles profesionales que poidan formar parte da empresa.


Ventaxas de contar con descricións de perfís profesionais por competencias

  • É unha ferramenta imprescindible para acompañar á persoas no seu proceso de inserción laboral.
  • Fai de pasarela entre a persoa e a empresa, xa que permite ofrecerlle á entidade persoas usuarias axustadas ao perfil que está a demandar, así coma ás necesidades de cada organización.
  • É unha ferramenta moi útil especialmente para as PEMES.
  • Permítelles ás empresa ter unha fotografía de como se desenvolverá cada posto de traballo.
  • É imprescindible para facer unha boa xestión de persoas por competencias, nas diversas fases existentes.
  • Facilita seleccionar persoas por competencias e non polo requisitos exclusivamente formativos ou de experiencia, polo que favorece a igualdade de oportunidades.

    Características de competencia profesional

  •     Teñen carácter dinámico que evoluciona coa propia experiencia, tanto profesional coma persoal.

  •     Integra un amplo abanico de recursos persoais adquiridos ao longo da vida no ámbito profesional, educativo e persoal.

  •     É un todo indivisible. Dise que unha persoa é competente no desenvolvemento dun posto de traballo cando combina e pon en práctica de maneira óptima un conxunto de competencias nun momento dado para a obtención de resultados adecuados.

  •     Implica acción, xa que é a capacidade de resolver en cada momento situacións profesionais concretas poñendo en práctica os recursos adecuados.

  •     Debe poder ser observable e avaliable, en función dos resultados esperados e da contorna organizativa.


    Así pois, a competencia profesional é a capacidade de actuar, aplicando os propios recursos para lograr un obxectivo ou resultado de maneira solvente nunha situación laboral concreta.

    Competencia e acción van da man, sen embargo, pode haber moitas maneiras de facer por exemplo, unha boa orientación, xa que cada quen mobilizará aquelas habilidades e coñecementos necesarios para afrontar mellor aquela actuación profesional en concreto. 


    A continuación, móstrase un vídeo explicativo de como crear no teu CV un apartado de perfil profesional 



     PARA SABER MÁIS:

     - Cómo ser competente 

     - Técnicas de análise de competencias profesionais


Comentarios

Entradas populares de este blog

Reflexión sobre o #PLE de Yaiza Fernández

¿Qué é un PLE? Un PLE (Personal Learning Environment) é un entorno personal de aprendizaje que se define como un conxunto de recursos, ferramentas e persoas coas que aprendemos, intercambiamos e compartimos información e experiencias.                                     Os entornos personais de aprendizaxe, xurdiron no Reino Unido asociados ao movemento da Web 2.0. Segundo Linda Castañeda e Jordi Adell, os PLE nacen como un enfoque da aprendizaxe, para axudarnos a comprender o modo en como aprendemos as persoas utlizando as tecnoloxias que se encontran á nosa disposición. Debemos entendelo como un enfoque pedagóxico cunhas enormes implicación nos procesos de aprendizaxe e cunha base tecnolóxica evidente. ¿Qué hai a día de hoxe no meu PLE? Intento de PLE... No PLE de cada persoa, intégranse as experiencias que dan paso aos aprendizaxes que obtemos nas aulas, no noso día a día e nestes tempos nas...

Yacimiento de empleo: El sector sociosanitario y asistencial de cuidado a personas mayores y dependientes

    Yacimiento de empleo: el sector sociosanitario y asistencial de cuidado a personas mayores y dependientes Según un informe del INE , en el año 2033 el 25% de la población española tendrá más de 65 años, y en el año 2066 este porcentaje subirá al 35%, aumento que va acompañado de una mayor esperanza de vida, se trata por tanto de un colectivo con efecto multiplicador con el paso de los años. Y en el caso de Galicia, cabe recordar que somos una de las comunidades autónomas más envejecidas Si bien es cierto que muchas de las personas en esta franja de edad no necesitarán ayuda externa en sus cuidados, otras muchas serán dependientes o bien buscarán una alternativa a una soledad cada vez más inherente a nuestra sociedad. Estamos por lo tanto ante un sector, el "sociosanitario" y asistencia de cuidado de personas mayores y dependientes , que constituye un nicho de empleo con futuro. Si bien hasta hace relativamente poco tiempo esta profesión se realizaba sin ningún tipo de ...

A miña presentación profesional: Almudena Prego

Ola, son Almudena Prego. Son Diplomada en Graduado Social. Despois de rematar os meus estudos estiven traballando en diferentes sectores e ocupacións: administrativo, comercial...ata que descubrín a orientación laboral. Esta son eu:   Almudena Prego       Traballei como orientadora laboral en diferentes entidades tanto públicas como privadas, Concello de Ferrol   COGAMI   e Emprego Galicia.  Estas experiencias laborais ofrecerónme a oportunidade de traballar con distintos colectivos: persoas con discapacidade, desempregados de longa duración, persoas en exclusión social.. e o que é máis importante, aprender moito delas e con elas. Deixovos unhas das miñas cancións favoritas:       Recomento este blog sobre orientación laboral https://zumodeempleo.com/blog/